Monday 29 de April de 2024

Dixitalizadas chega novamente a Ordes


O CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes está a tramitar as inscricións para formar parte dun novo taller de habilidades dixitais básicas. Dixitalizadas consiste nun programa para facilitar e potenciar a participación, empregabilidade e emprendemento das mulleres a través da adquisición de competencias dixitais e do uso de ferramentas tecnolóxicas. Sobresae tamén o obxectivo de reducir as brechas de xénero aumentando a influencia persoal e profesional das mulleres no eido rural.
A dita iniciativa está desenvolvida de maneira conxunta polas fundacións Cibervoluntarios, Mujeres e Google.org en colaboración cos ministerios de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
Calquera persoa interesada en asistir poderá inscribirse na oficina do CIM, situada nos baixos da alameda de Ordes, ou ben chamar ao 981680002. A día de hoxe as datas previstas para Ordes son o 10 e 17 de xuño, de 10 a 13 horas, na Casa da Cultura.
Para máis información tamén se pode consultar a páxina web www.digitalizadas.org.